Partidos semanales temporada 2021/2022

O vindeiro fin de semana preséntase apaixoante con 2 encontros no que tanto o noso primeiro equipo como o equipo filial xogarán os seus partidos como locais. Así , o Sábado día 16 ás 17 h teremos o inicio da liga na 3ª categoría Rexional do fútbol galego entre o Puebla B e o Carreira , partido a disputar no campo de Cadreche. Non podes perder esta ocasión de ver o estreno na liga dos nosos cachorros que tan bo fútbol están a practicar nos amistosos que teñen disputados ata a fecha. E o Domingo día 17 tamén ás 17 h pero neste caso no Estadio da Alta, xogará o Puebla A da categoría de Preferente contra o Estudiantil no que intentaremos acadar a primeira victoria diante dos nosos aficionados.Esperamos a túa presencia para dar ánimos os nosos xogadores.AUPA PUEBLA !!!

Horarios e localizacións dos partidos amigables a disputar esta fin de semana. Todos eles serán fóra da casa.

Desexarlle moita sorte a todos, que disfruten moito e que demostren todo o bo adestrado ⚽️

!

VOLVE O FÚTBOL Á ALTA!!!

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfuy45NQs7qnA32UyC-t6BZAVBeXU4NkdIEe7_pMuHOAngbMA/viewform?usp=sf_link

Despois de comenzar a liga con mal pé ca derrota ante un dos favoritos, o Atlético Arteixo, preséntasenos a posibilidade de redención ante os nosos afecionados.

O vindeiro Domingo día 3 de Outubro ás 17:30 h no Estadio da Alta recibimos ao Sigüeiro, equipo filial do Compostela e que presenta varias novidades no seu plantel, entre as que destacan: o noso ex capitán Pablo Pérez, o xogador da Pobra e tamén ex xogador do noso clube Diego Rivas así como o adestrador que é ,nin máis nin menos, que o coñecido Cardeñosa, outro veciño mais do noso pobo.

Atractivos ten de sobra este partido, no que necesitamos mais que nunca o apoio e o alento dos nosos siareiros para sair adiante e endereitar o rumbo despois do mal comenzo da competición.

Outro dos alicientes do encontro será ver como se encontra o Estadio da Alta depois da remodelación feita nas súas instalacións, entre as que destacan o pinchado do terreo de xogo e a sustitución da cuberta principal do graderío.

Acude á nosa chamada e fai sentir a túa voz

Necesitamos da túa axuda!!

AUPA PUEBLA